Co lema "Novas voces da poesía" a Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega celebra os vindeiros 24 e 25 de novembro o IX Congreso de Poesía Nova. Os novos públicos da lírica galega, o potencial da súa proxección internacional ou as posibilidades de profesionalización deste ámbito son algúns dos temas que se tratarán no programa desta iniciativa. O encontro desenvólvese no Pazo de Mariñán, en Bergondo, co apoio da Deputación da Coruña e da entidade de xestión de dereitos CEDRO.
Unha mesa redonda sobre Os novos públicos da poesía e vínculos con outras artes e soportes abrirá os debates con Nuria Vil, Lucía Aldao e O Rabelo. Berta Dávila, Alba Cid e Brais Lamela, pola súa banda, abordarán a cuestión Edición, profesionalización. Novos camiños?.
A Internacionalización da poesía galega e diálogo con outros sistemas poéticos será o tema que tratarán Lara Dopazo Ruibal, Jesús Castro Yáñez e Samuel Solleiro, mentres Poesía. Unha visión de xénero e identidades estará a cargo de Daniel Asorey, Diana Kurich e Ánxela Lema París. Finalmente Daniel Irimia Yáñez, Martiño Maseda e Branca Trigo Cabaleiro falarán sobre Poesía e lingua. Un acto poético-musical a cargo de Lois Pérez fechará o encontro.