Os escritores analizarán a proxección exterior no seu VI Encontro

O debate celebrarase no pazo de Mariñán entre o 20 e o 22 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A proxección exterior das nosas letras está a se revelar coma un dos temas máis discutidos este ano no sector. Desta volta son os escritores galegos os que centran nesta cuestión o seu VI Encontro de Escritores en Mariñán, que se celebra neste pazo coruñés entre o 20 e o 22 deste mes. Entre os participantes estarán Arcadio López-Casanova, Luis González Tosar, María do Cebreiro, Manuel Lourenzo, Rexina R. Vega, Agustín Fernández Paz, Cesáreo Sánchez Iglesias, Eva Veiga, Rubén Ruibal e Vicente Araguas entre outros. Unha semana antes, os días 13 e 14, o V Simposio do Libro e da Lectura tamén tratará esta cuestión na sede do Consello da Cultura Galega.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Pazo de Mariñán, Rubén Ruibal, Cesáreo Sánchez Iglesias...