O V Encontro de Escritores/as Novos/as analiza cuestións clásicas

Os concursos, a situación das letras ante o idioma ou a poesía son algúns dos temas que se tratarán

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Con título de Escritores/as Novos/as ante vellas preocupacións, a Asociacíón de Escritores en Lingua Galega convoca para o seis de novembro a quinta edición deste encontro, que reúne as plumas máis recentes das nosas letras. Nas vellas preocupacións que se tratarán está a importancia dos certames literarios nos sistema galego, o público para a poesía ou a posición das nosas letras ante a lingua. No blog do evento pódense ver xa videos nos que algúns dos participantes no evento adiantan a súa opinión.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Poesía, Lingua galega