Logo de case 5.000 votos emitidos por Internet, o certame aRi[t]mar Galiza e Portugal, que promove a Escola Oficial de Idiomas de Compostela, ten xa gañadores na súa categorÃa de música. Despedida de Sabela e Catavento da Sé de António Zambujo, foron os temas escolleitos entre os finalistas. Os gañadores recibirán os seus premios nunha gala que está prevista para o vindeiro outono. Entre as propostas finalistas galegas, a segunda máis votada foi a Balada de verán de Guadi Galego e mais Fisterra de Baiuca. Pola banda portuguesa, resultaron finalistas Miguel Araújo por Talvez se Eu Dançasse e mais Isaura por Uma Frase Não Faz a Canção.