O lucense Pepe Peinó faise co Premio Internacional para obras de Teatro Joven

Impúxose coa obra en galego Algo no certame que convoca a editora gaditana Dalya

16/3/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:

Pepe Peinó. Fonte: Erregueté

Erregueté dá conta dun novo galardón para dramaturxia galega. O autor lucense Pepe Peinó acaba de se facer co Premio Internacional para obras de Teatro Joven que convoca a editora gaditana Dalya. Peinó impúxose na categoría A, para obras de máis dunha hora de duración, con Algo. Este texto dramático en galego aborda a situación de Pedro, un rapaz na procura de opcións para lle dar un sentido á vida. O xurado valorou da obra a "comicidade e a alegría achegadas á acción dramática que transmite á mocidade valores e reflexións sobre os seus obxectivos persoais na vida". O gañador leva un premio de 2.300 euros en metálico ademais da tradución da peza a un idioma diferente ao do certame, a súa publicación e unha lectura pública ou dramatización do texto.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Lectura, Tradución, Erregueté

Claves

Entidades