As propostas para desenvolver rodaxes contra-reloxo en Galicia están en clara expansión. Os motivos que levan ás persoas con interese no campo audiovisual a se involucrar neste tipo de propostas son do máis variado. Facer currÃculo, conseguir promoción, coñecer xente ou vivir unha experiencia son algúns dos que semellan máis habituais, segundo indican as persoas responsables de citas como o Kino Galicia, o Chanfaina Lab ou o Lav de Vedra. Repasamos os encantos da velocidade fÃlmica para as cineastas e os cineastas do paÃs.
Produción instantánea
Un dos grandes atractivos destas citas son as oportunidades que achegan para completar en tempo récord filmes que doutro xeito serÃan moi difÃciles de desenvolver. "A produción cinematográfica está moi fechada, poucas persoas poden acceder a ela. Con propostas como o Kino damos oportunidades a xente que é moi creativa pero que ao mellor non ten contactos, están aÃnda a estudar ou queren abrise camiño", lembra Miguel Moreda desde a organización deste evento, que celebrou a súa segunda edición entre o 10 e o 18 de febreiro pasados. "Hai moitas propostas deste tipo a nivel internacional e constantemente xorden máis. A xente ten gana de crear e o proceso de conseguir que unha produtora apoie o teu proxecto é moi longo e laborioso, e isto achega unha alternativa". De xeito similar, desde a organización do Lav Vedra, Esmeralda López sinala que nas dúas edicións do certame A fume de carozo "adoita participar xente moi nova que está a saÃr das facultades e comeza a facer os seus primeiros proxectos. Cónstanos que moitos dos equipos participantes están a presentar os seus traballos a festivais. Nese sentido veno como unha oportunidade de visibilizar o seu traballo". Foi o caso, por exemplo, de Tinder Time dirixido por Olga Osorio durante a primeira edición do Kino, que participou xa en varios destes eventos.
Profesionais a recuperar a ollada
Para alén da xente que comeza o seu percurso, eventos deste tipo son tamén de interese para xente con carreira no campo audiovisual. É o caso do Chanfaina Lab, onde se mesturan as propostas de participantes locais, maiormente amadores, cos dez convidados do sector cada ano. Segundo lembra González, promotor da iniciativa entre estes "todo o mundo sinte un orgullo en vir. Penso que o máis interesante para un profesional é o grao de liberdade que atopa aquÃ. É como recuperar algo que non teñen cando traballan cun plan de produción e rodaxe e que ao mellor facÃan cando eran máis novos. Teñen unha cámara e dedÃcanse a deambular e tentar pescar algo, todo o mundo recoñece que é como se encontraren consigo mesmos. Sandra Sánchez, que veu dúas veces, dicÃa que se sentÃa como cando comezaba".
Explorar outros ámbitos
Desde a coordinación de Kino Galicia Miguel Moreda salienta o potencial que supón unha proposta deste tipo para cineastas que se animan a participar. Para alén de engrosar o seu currÃculo con diferentes producións e de complementar as actividades formativas que se desenvolven en moitas destas citas, o formato permÃtelles a miúdo obter experiencia en ámbitos alleos ao seu ámbito profesional máis habitual. "Eu mesmo comecei a participar nestas iniciativas como compositor, pero grazas a Kino aprendÃn a editar, a dirixir, e agora levo como 15 ou 20 curtas feitos, e isto abriume moitas portas", lembra o promotor do Kino no noso paÃs. Para alén de aspectos profesionais, as rodaxes exprés facilitan tamén o contacto con outros circuÃtos e propostas creativas. Desde o certame A fume de carozo, Esmeralda López sinala que propostas como a que coordina teñen como interese "o feito de saÃr dos circuÃtos e das redes de produción cultural habituais, máis ligadas a contornos urbanos. Para nós é importante descentralizar a produción cultural e audiovisual e levala a outros contextos, e penso que isto tamén resulta atractivo para os equipos participantes".
Tecer redes e vivir a experiencia
Tamén desde a coordinación do Kino Galicia, Rosa Vázquez destaca o potencial de encontros coma este para desenvolver contactos profesionais. "Queremos que o encontro sirva como base para establecer unha rede potente de contactos a nivel internacional e facilitar que o talento se poida conectar". Segundo lembra o seu parceiro Moreda, "nesta edición temos xente de vinte paÃses diferentes que traballa en todo tipo de postos. A base do proxecto é a cooperación entre participantes que non se coñecen e que contan con diferentes coñecementos e habilidades coa intención última de xerar redes". Desde esa perspectiva colaborativa, as citas deste tipo chaman tamén polo seu carácter de experiencia única para os participantes. "O grande atractivo do Kino é o grande ambiente que hai e a conexión que se dá entre todas as persoas que participan. E logo, por suposto está a adrenalina que supón ter que traballar con tan pouco tempo", lembra Vázquez. A repasar a traxectoria do Chanfaina Lab, Manolo González apunta tamén que os participantes "marchan todos encantados coa experiencia. Eles son o centro da actividade e todos os esforzos son para que estean ben e se sintan arroupados. Que coman ben, durman ben, que teñan todo o que precisen. É algo que a xente agradece moito".
Limitacións que marcan proxectos
Como contrapartida á produción rápida, estes formatos supoñen tamén limitacións aos traballos dos participantes, tanto a nivel técnico como de recursos. Segundo sinalan desde Kino Galicia, "na primeira edición foi algo complicado o tema do son. Non tiñamos equipo nin habÃa sonidistas", unha pexa que tentaron cubrir na segunda edición co patrocinio de casas especializadas que cederon equipo ao proxecto. "En xeral os postos técnicos son o máis complicados de cubrir", recoñece Miguel Moreda. No mesmo sentido, Esmeralda López advirte que, no caso do certame do LAV "vemos que os equipos participantes dominan máis a parte da imaxe que a de son, un campo no que aparecen máis problemas". Ademais, apunta que "predominan os equipos pequenos. A tecnoloxÃa facilita que grupos de entre dúas e cinco persoas poidan asumir os proxectos", aÃnda que tamén condicionan o que se pode facer, sinala. Desde esta cita, ao igual que no Fas Muvis de Ourense ou no Valdeorras, denominación de cine, a estas pexas súmanse as limitacións que introduce a organización á hora de rodar, obrigando a inclúir obxectos ou localizacións concretas nas curtas. Este tipo de retos, segundo sinala López, "danlle máis emoción. A xente pode vir cunha idea preconcibida pero resulta estimulante que teñan que adaptala e repensala no momento. Estas limitacións obrigan a reformular os proxectos e non traer todo pechado, fan que haxa que traballar sobre a marcha e que a experiencia sexa realmente exprés".
Producións flexibles
Desde Kino Galicia recoñecen que no apoio da organización aos participantes "hai cousas que non se poden xestionar, obrigan a adaptar as curtametraxes e ver como se poden axeitar para as facer viables" co que hai dispoñible, lembra Moreda. Ademais, recoñece que non todas as propostas chegan a bo porto. "A miúdo fican cousas por acabar, ou o que se proxecta no encontro non é a versión definitiva do filme". No Chanfaina Lab, ao traballar con convidados, contar con máis tempo para preparar as xornadas de rodaxe e dispor unha importante rede de colaboracións, asà como un exhaustivo coñecemento sobre o territorio resulta máis sinxelo abordar o apoio á produción. Segundo lembra Manolo González "houbo quen querÃa cabalos para a súa curtametraxe, e conseguÃmosllos. E tamén cans, pitas ou o que faga falla. Diana Toucedo pedÃranos dez cociñas dos anos 50, e ao sabelo con meses de antelación puidemos ir atopándoas. Manolo Abad querÃa unha persoa de San Sadurniño que falase alemán... en xeral Ãmolo conseguindo. Ao mellor o primeiro ano estábamos máis desbordados, pero agora xa temos callo e contactos amañados e sabemos onde ir, coñecemos localizacións e non nos resulta complicado, ata o pasamos ben e non nos agobiamos". Para as persoas responsables de A fume de carozo, con máis dunha década de experiencia na organización do LAV, a parte da produción non a máis complexa dunha cita destas caracterÃsticas. "Témolo bastante dominado, é moita menos xente que xestionar do que no anterior formato. Ten unha certa complicación organizar con antelación o catálogo de actores e actrices, pero polo resto tampouco require moita cousa, resulta todo moi familiar e bastante modesto", lembra López.
A maiores destas motivacións, a existencia de premios en metálico en varias destas propostas, como é o caso da cita de Vedra, da de Valdeorras ou do Fasmuvis do Festival de Cinema de Ourense, que mesmo achega un orzamento para desenvolver as producións inscritas, contribúe á participación. "Penso que no noso caso o premio é bastante substancioso para xente que comeza, e isto tamén pode ser un motivo para participar", lembra Esmeralda López desde A fume de carozo.