A Asociación BAMAD Galicia de Profesionais dos Arquivos, Bibliotecas Museos e Centros de Documentación de Galicia ven de emitir un comunicado facendo públicas as súas demandas ante o Concello de Vigo no que ten que ver coa creación e dotación do seu Arquivo Municipal para o mantemento do patrimonio documental da cidade. BAMAD motivou a súa acción en relación co artigo de Manuel Sendón: O Centro Galego de FotografÃa, desafiuzado, publicado na revista “Tempos Novos”, nº 272, de xaneiro de 2020 , no que se explica a mala situación dos fondos fotográficos do Concello de Vigo tras da desaparición dese dentro reconvertido nunha sede da Deputación Provincial. BAMAD insta ao goberno municipal a dotar á cidade de Vigo, a maior de Galicia, cun servizo de arquivo con arquivistas capaces de poñer en marcha a organización dos fondos, tanto os producidos polo propio Concello como os de outras procedencias reunidos nel, entre eles os fondos fotográficos. Para a asociación iso "darÃa resposta a todas as necesidades, tanto as de xestión administrativa interna como as de servizo a cidadanÃa e á investigación, ademais da difusión e posta en valor dos documentos custodiados".
No seu comunicado BAMAD informa dunha reunión mantida o pasado 18 de febreiro con responsables do Concello, "nela nos indicaron que teñen un arquivo aberto ao público, que están dixitalizando documentos, e a punto de resolver un procedemento de bolsas de emprego para a contratación provisional de arquivista", din desde a asociación, ao tempo que aseguran non dubidar da vontade do Concello de Vigo en resolver a ausencia de profesionais do servizo de arquivo. "Sen embargo -inciden en BAMAD- o arquivo non é só un depósito de documentos que teñen que ser servidos ao público. O arquivo debe estar dotado tanto de instalacións, como de medios técnicos e persoal arquivista profesional que dean servizo a todas as funcións de recollida, custodia e servizo dos documentos, apoio á xestión administrativa electrónica e conservación do Patrimonio Documental dos Vigueses". A asociación non desiste nas súas demandas ao tempo que ofrece a súa colaboración ao Concello.