O vindeiro domingo 9 de xuño celébrase o DÃa Internacional dos Arquivos e desde a Asociación de Profesionais dos Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galicia (BAMAD) veñen de facer público un comunicado dando a coñpecer as actividades previstas e as súas reivindicacións. A efeméride celebrase cunha campaña baixo o tema Deseñar Arquivos no Século XXI coa que o gremio arquiveiro propón "situar a xente no centro do que facemos profesionalmente". A campaña fai fincapé sobre o rol da profesión no actual século onde, segundo o comunicado, arquivistas, xestores documentais e profesionais da información xogan un papel vital na xeración de oportunidades que permita o desenvolvemento dun deseño humanista en beneficio da cidadanÃa e a comunidade en xeral. Para tal fin desde BAMAD reivindican a necesidade de contar con máis arquivistas para poder garantir o futuro do patrimonio documental, o recoñecemento das responsabilidades da profesión de arquivista, remuneracións axeitadas a esas responsabilidades, máis arquivos e máis medios e infraestruturas para os que xa existen, para poder desenvolver o traballo. Ademais o gremio arquiveiro reclama a aprobación, coa dotación orzamentaria precisa, do Plan de Arquivos previsto na Lei de Arquivos de Galicia, e que se realice con perspectiva de xénero e afecte a todos os procesos arquivÃsticos.
Como en anos anteriores os arquivos galegos realizan actividades abertas á sociedade para dar a coñecer o seu traballo, os seus profesionais, as súas instalacións e os seus fondos. Haberá diversas actividades, xornadas de portas abertas, conferencias e actuacións nos Arquivos Históricos Provinciais de Ourense, Lugo e Pontevedra; Arquivo do Reino de Galicia na Coruña; Arquivo Territorial da Xunta en Lugo e Arquivo de Galicia na Cidade da Cultura de Santiago. Ademais, coincidindo coa celebración, inauguráronse onte as II Xornadas de Xestión do Patrimonio Bibliográfico, unha actividade organizada pola Universidade de Santiago (USC) e o Grupo de Traballo de Patrimonio Bibliográfico da Red de Bibliotecas Universitarias Españolas (REBIUN). Na súa apertura o director xeral de PolÃticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, destacou o "papel fundamental" que xogan as bibliotecas á hora de conservar e divulgar o patrimonio. Durante o acto, realizado no salón Novoa Santos da Facultade de Medicina da USC, o director xeral cualificou as bibliotecas como "institucións clave na conservación do noso acervo cultural" e destacou o traballo realizado desde estas institucións.