Os espectáculos de danza Médula, pola compañÃa Exire, e Emigrantas, a cargo de Kirenia MartÃnez, chegan esta fin de semana aos escenarios galegos, despois de ter sido coproducidos pola Xunta de Galicia a través do programa especÃfico para este fin do Centro Coreográfico Galego. O Teatro RosalÃa Castro da Coruña hoxe venres e a sala Germán Coppini da Fundación SGAE en Santiago de Compostela o sábado, son os espazos que acollerán, respectivamente, as dúas estreas. Ambas propostas sitúanse no ámbito da danza contemporánea e na exploración de novas linguaxes escénicas, ademais de ter como denominador común o protagonismo feminino, tanto na composición dos equipos artÃsticos como nas temáticas.
Alba Fernández e Ana Beatriz Pérez asumen conxuntamente a autorÃa, coreografÃa, dirección e espazo escénico de Médula. A obra conta co asesoramento de Armando Martén, e voz e composición a cargo de MarÃa Move, artista que asina con Raúl Grillo a música orixinal. Durante o espectáculo sonan os tambores batá a cargo de Alexis Fernández e as pandeiretas de Halima Shalabi. Pola súa banda, Emigrantas defÃnese como un espectáculo de danza sobre a emigración en clave de xénero. A bailarina e coreógrafa Kirenia MartÃnez Acosta dirixe a montaxe que executan no escenario David Loira e Esther Latorre. Os dous intérpretes danlle vida a unha experiencia central na súa xeración: a emigración e o retorno da última diáspora galega, a que se debeu á crise económica.
Na produción de Emigrantas participou activamente o equipo de SocioloxÃa das Migracións Internacionais (ESOMI) e, co obxectivo de implicar ás comunidades galegas no exterior, a montaxe viaxará a Londres para presentarse o 25 de febreiro no instituto da Fundación Cañada Blanch, entidade que recibiu o último Premio da Cultura Galega na categorÃa de Proxección Exterior polo proxecto Galego en Londres. A estrea londiniense conta coa axuda da SecretarÃa Xeral de Emigración da Xunta. Para a súa creadora, trátase dunha peza para bailar datos, estatÃsticas, vivencias, intuicións e posibilidades, elementos cos que tecer un ensaio bailado sobre a actual diáspora galega en complicidade coas comunidades migrantes dentro e fóra de Galicia. Babykatze e Bruno Baw desenvolveron o espazo sonoro, Branca Novoneyra asina os textos e o vestiario é obra de Jandro Villa.