Carral avalía o impacto do seu histórico certame poético

Estudará "se cumpre os obxectivos cos que naceu"

18/2/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O concello de Carral ten aberta a convocatoria do seu Concurso de Poesía, que con vinteunha convocatorias xa é unha referencia no panorama dos premios literarios galegos. Agora, o concello anunciou un procedemento inédito no país: avaliar o impacto do premio no sector literario galego e comprobar en que medida está a cumprir os obxectivos cos que naceu: "contribuír á promoción da literatura galega en xeral e á poesía particular e de novos autores e autores, así como promover a lectura entre os veciños e veciñas do municipio". Para realizar esta análise, remitirase unha enquisa electrónica a diferentes públicos destinatarios: desde os autores que gañaron algunha edición, os poetas do país, as editoraisi, os xurados, as librarías, os organizadores doutros concurso de poesía en Galicia e os veciños de Carral. O proceso de avaliación está coordinado polo xestor cultural Marcos Lorenzo e conta coa colaboración da Asociación de Escritores en Lingua Galega, a Asociación profesional de Xestores Culturais e a editorial Espiral Maior.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

10/09/2020

Na miga dos certames de poesía

A través dun estudo con base en máis de duascentas enquisas e unha mesa redonda o Concello de Carral ven de levar a cabo unha avaliación do funcionamento dos premios literarios

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carral, Poesía, Marcos Lorenzo, Lectura...