Teatro do Noroeste estrea As virxes salvaxes

Ames acolle a primeira función desta "comedia xeriátrica" o vindeiro 14 de febreiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Teatro do Noroeste estrea As virxes salvaxes

Ames acolle na noite deste venres 14 de febreiro a estrea do último espectáculo de Teatro do Noroeste. Eduardo Alonso asina e dirixe As virxes salvaxes, unha montaxe que se presenta como "unha comedia xeriátrica" e que reflexiona "sobre a absurda pero necesaria situación de recluír aos nosos maiores en institucións que os atendan e coiden".

Elina Luaces, Luma Gómez, Rosa Álvarez, Imma António, Ana Santos, Manuela Varela, Miguel Pernas e Fernando González levan a escena esta proposta na que varias internas dun destes centros "comezan a cuestionar a institución non deixando nada en pe. A modo de metáfora da propia sociedade, as xentes de ben revélanse contra as imposicións absurdas e desmedidas. O caos que xeran pon a realidade contra as súas propias contradicións, creando situacións tremendamente divertidas".

Logo da presentación en Ames, a obra poderá verse en Vilagarcía (15 de febreiro), Viveiro (29 de febreiro), Vigo (26 de marzo) e Lalín (17 de abril).

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Teatro do Noroeste, Comedia, Ames...