Xurxo Cortázar pon en escena a Desconexión de Santiago Cortegoso

O Salón Teatro de Compostela acolle a estrea da montaxe o vindeiro 10 de febreiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Xurxo Cortázar pon en escena a Desconexión de Santiago Cortegoso

Unha comedia "verde e vermella". Así presenta Santiago Cortegoso Desconexión a última montaxe teatral que escribiu e dirixe. Xurxo Cortázar pon en escena a historia dun individuo que vive contectado a un semáforo a regular o paso de peóns. Unha avaría no sistema permitiralle fuxir desta rotina e enfrontarse a situación inéditas para el. O Salón Teatro de Compostela acolle o vindeiro día 10 a estrea desta obra na que Cortázar desenvolve un monólogo teatral adobado con grandes doses de traballo físico, música e escenografía. Temas como "a rutina e as gañas de fuxir dela; a necesidade de formar parte de algo e a necesidade de individualidade" ou "o afán de estar conectado e o afán de desconectarse" son algúns dos temas que se tratan, segundo a presentación da montaxe. A obra poderá verse en Compostela ata o vindeiro 12 de febreiro, e despois visitará Arteixo (día 17) e Ourense (24). O proxecto desenvolveuse mediante residencias no Pazo da Cultura de Pontevedra e mais no propio Salón Teatro.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Salón Teatro, Santiago Cortegoso, Comedia...