O responsable de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto, presentou este 4 de febreiro as seis liñas de axuda coas que esta institución quere apoiar o tecido asociativo local. Cunha suma de 2.880.000 euros, estas convocatorias pretenden, segundo a entidade "promocionar a cultura en todo o territorio, afortalar as entidades que traballan desde a base, apoiar os investimentos das asociacións ou contribuÃr á formación e difusión cultural".
A liña destinada ao desenvolvemento de actividades por parte de asociacións non lucrativas contará nesta ocasión con 950.000 euros, mentres a de investimentos destas entidades mantense en 300.000. Estas entidades poderán optar ademais a 500.000 euros na liña destinada á realización de festivais de música, artes escénicas e audiovisuais, mentres os concellos disporán dun apoio equivalente para organizar este tipo de eventos.
As fundacións e entidades privadas sen fins de lucro titulares de museos, centros de interpretación ou bibliotecas contan tamén cunha convocatoria dotada con 450.000 euros para actividades. Finalmente corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de grande formato disporán de 480.000 euros para apoiar as súas actividades e outros 200.000 para investimentos en cadansúa convocatoria.