Cultura prevé 1000 actividades culturais no programa "Xacobeo en Camiño"

Presentouno hoxe pola mañá a representantes municipais

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

O Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, presentou hoxe á mañá o programa "Xacobeo en camiño" a representantes municipais. O programa, encravado no Xacobeo 2021, destina máis de dous millóns de euros a unha programación cultural de base local na que estimou a realización de "1000 actividades familiares e infantís no ámbito da música, artes escénicas, cultura tradicional e de base, enogastronomía, exposicións e obradoiros". A programación de Xacobeo en Camiño desenvolverase en cada concello participante ao longo de dous días. No primeiro, a xornada será de tarde e haberá un espectáculo interxeneracional "creado especialmente para a ocasión". O segundo día a programación ocupará toda a xornada con actividades de rúa, música, danza e baile, xunto unha actuación musical nocturna". O conselleiro de cultura explicou que a Xunta apoiará as actividades co montaxe da instalación, coordinando a comunicación e contratando "a programación global e o persoal técnico". Os concellos deberán "ceder os espazos, aportar a programación local de orixe e elementos de produción de apoio".

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xacobeo, Román Rodríguez, Espectáculo, Artes Escénicas...