A Xunta de Galicia daba a coñecer este 16 de decembro o primeiro avance da que será a programación do Xacobeo 2021. O presidente do Goberno Galego, Alberte Núñez Feijóo, cifrou en 7 millóns de persoas o número de asistentes que se agarda nas máis de 7.000 actividades que se desenvolverán en 313 localidades do paÃs enmarcadas en 180 proxectos. AÃnda sen fechar o programa completo, Feijóo adiantou como novidades o desenvolvemento da iniciativa Xacobeo Cidades, que achegará unha programación de 120 actividades dos ámbitos da música, artes escénicas ou exposicións á Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Vigo e Pontevedra. Canda a esta, porase en marcha Xacobeo en Camiño, centrado en vilas e cabeceiras de comarca, que distribuirá 1.400 actividades por 76 concellos do paÃs con actuacións de artistas galegos durante dous ou tres dÃas en cada concello.
Na presentación lembráronse tamén as tres exposicións vencelladas ao Ano Santo que se desenvolverán ata setembro de 2021. A Galicia, un relato no mundo, actualmente en marcha na Cidade da Cultura seguirá entre maio a decembro de 2020 Galicia de Nós a Nós a conmemorar o centenario da Xeración Nós. Tomará o relevo en abril de 2021 Galicia Futuro, que segundo a Xunta pretende achegar "unha reflexión do futuro da comunidade tendo en conta os ámbitos sociais, económicos e culturais".
A estas propostas súmase a convocatoria O teu Xacobeo, liña de axudas a proxectos artÃsticos, culturais, sociais ou innovadores, a terceira edición do festival Son do Camiño, ou a coprodución audiovisual 3Camiños, unha serie de ficción que se rodará en 3 continentes e 5 paÃses.