A AELG presenta as actividades polo Día de Rosalía

As migracións e as inxustizas sociais protagonizan as propostas escolares para este 24 de febreiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A AELG presenta as actividades polo Día de Rosalía

O web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega acolle xa o manifesto que redactou Daniel Asorey para conmemorar o Día de Rosalía este 2020. Canda a isto, o espazo na rede do colectivo recolle as iniciativas previstas para lembrar a poeta este 24 de febreiro, baixo o lema "Ambos errantes polo mundo andamos".

Para alén de animar a cidadanía a agasallar libros e flores e do acto central o día 23 no Panteón de Galegos Ilustres, a AELG proponlle aos centros de ensino desenvolver actividades "que permitan ao alumnado observar e reflexionar sobre a vixencia do amplo abano de inxustizas sociais, incluída a situación da lingua galega, presentes na obra de Rosalía de Castro".

Envíos de postais ou traballos sobre fotos, debuxos ou gravados sobre o tema das migracións actuais e acompañados por versos de Rosalía son algunhas das iniciativas que promove o colectivo para pór nas redes baixo o lema #ErrantesPoloMundo_rdc_20. Canda a isto, anúncianse diferentes actos conmemorativos en Ferrol, Betanzos, Foz ou Sargadelos.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Día de Rosalía, Lingua galega, Asorey, Daniel Asorey...