Os escritores chaman a celebrar o 24 de febreiro co lema Eu son Rosalía!

O Panteón de Galegos Ilustres acollerá o acto central de conmemoración o domingo 22

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Os escritores chaman a celebrar o 24 de febreiro co lema Eu son Rosalía!

Na liña dos últimos anos de conmemorar mediante a participación social o Día de Rosalía, a Asociación de Escritores en Lingua Galega acaba de convocar a campaña Eu son Rosalía!. O colectivo fai un chamamento á sociedade para gravar, de cara ao 24 de febreiro, vídeos que comecen coa frase "Eu son Rosalía porque/cando/para…" e así amosar "as múltiples sensibilidades da autora". Ademais, lembra a proposta de agasallar un libro e unha flor con ocasión da data e sinala que son xa 33 concellos, ademais das Deputacións da Coruña e de Lugo os que xa a celebran. Os escritores desenvolverán o seu acto central de homenaxe o domingo 22 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Panteón de Galegos Ilustres, Día de Rosalía, Lingua galega...