A exposición Deconstruír o franquismo amosa en Compostela as presenzas e ausencias da ditadura

Pódese visitar ata o 6 de febreiro de 2020

| Santiago. Redacción | Seccións: HistoriaExposicións
Compartir:

A Alameda de Santiago de Compostela acolle un contedor que dentro garda memorias. A exposición "Deconstruír o franquismo", promovida polo grupo Histagra da USC, quere ser "un espazo de reflexión sobre a simboloxía da ditadura". A mostra, que será itinerante, inclúe fotografías de espazos e simboloxía franquista "que perduran ou foron esquecidos pola cidadanía de Santiago" así como unha "cartografía interactiva" cos lugares de morte e enterramento en Galicia durante a guerra. A mostra preséntase en cinco etapas que retratan estas permanencias, esquecementos, amnesias, expropiacións e veladuras.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Franquismo, Morte, Guerra, USC...

Claves

Entidades