De viaxe interactiva á mostra do Colectivo Bacabú en Lugo

O sitio web Degalicia.es permite visitar virtualmente as salas da exposición

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
De viaxe interactiva á mostra do Colectivo Bacabú en Lugo

O sitio web degalicia.es, especializado en panorámicas fotográficas en 360º, presentou unha espectacular versión interactiva da mostra que o colectivo artístico Bacabú amosou nas salas do Museo Provincial de Lugo, no enderezo (http://degalicia.es/bacabu/percorrido.htm). A mostra interactiva, construída a partir de fotografías 360º de cada unha das salas, permite achegarse e ver en detalle cada unha das obras no contexto no que foron ubicadas dentro da mostra e consultar a ficha de cada unha delas. Paga a pena ver esta aplicación de exposición interactiva que podería ter múltiples aplicacións nos museos para documentar exposicións xa finalizadas.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Exposicións, Museo Provincial de Lugo

Claves

Conceptos
Lugares