Unha Escola de Xenerais busca potenciar a renovación no Entroido de Vedra

Unha vintena de crianzas e adolescentes fórmanse para participar nesta celebración

27/1/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O CPI de Vedra, o concello e mais o proxecto Vedra Medra acaban de pór en marcha a primeira Escola de Xenerais. Esta iniciativa, que busca formar a mocidade local nas formas propias desta tradición, conta cunha vintena de participantes de entre 9 e 16 anos e consiste nunha serie de sesións nas que abordarán a creación e representación dos atranques propios desta celebración. O alumnado da iniciativa representará os seus traballos por grupos no entroido municipal, o 15 de febreiro, no CPI de Vedra o día 21 e na Xornada da Camelia o 23. A proposta pretende facilitar a participación e a transmisión no Entroido dos Xenerais, e súmase a outras propostas didácticas xa en marcha arredor desta festividade.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vedra, Entroido

Claves

Conceptos
Lugares