A Xunta non solicitará polo momento o ingreso de Galicia na CPLP

Valentín García considera incompatible a candidatura galega ao organismo coa que vai presentar o Goberno Central

22/1/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: lingua
41 lecturas | Compartido 0 veces
Galicia non solicitará polo momento o ingreso na Comunidade de Países de Língua Portuguesa. O Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, anunciaba onte ante o Parlamento que a Xunta renuncia a se candidatar ao organismo internacional logo de que o Ministerio de Exteriores español anunciase o seu interese en que fose o Estado no seu conxunto o que pase a formar parte da mesma.
García sinalou que a nova situación muda o xeito no que o noso país estará presente na CPLP e que mesmo unha candidatura galega precisaría da aprobación do Goberno Central. Ademais, apuntou que para a Xunta non resulta coherente que coincidan no tempo unha candidatura galega e unha estatal, polo que optaron por retirar a propia. Os grupos da oposición lembráronlle ao responsable de política lingüística que esta decisión contradí o acordo unánime do Parlamento Galego para que Galicia solicitase o seu ingreso nesta entidade.

As declaracións de García producíronse en resposta a cuestións da oposición durante a súa comparecencia ante a Comisión 4 de Educación e Cultura para dar conta do cumprimento da Lei Paz Andrade de aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego