Estréase a comedia musical 'O candil' da Escola Galega de Teatro Musical

A primeira produción da compañía ambiéntase no teatro de variedades de 1918

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Estréase a comedia musical 'O candil' da Escola Galega de Teatro Musical

A Escola Galega de Teatro Musical, produce o seu primeiro traballo profesional, O Candil, un musical galego. A compañía creada ao abeiro desta escola estreará este espectáculo o vindeiro 24 de xaneiro no Fórum Metropolitano da Coruña ás 21.00 horas. Baseado nas historias do cancioneiro galego, este musical pretende lembrar a figura da muller galega de principios do XIX. Rosa Puga Davila dirixe e Sara Fandiño, Lucía Sá, Iria Lamas e Lucas López protagonizan esta produción ambientada en 1918 que usa de temas musicais populares de comezo do século XX para levar a escena unha comedia musical interactiva, sobre tres mulleres moi distintas, que buscan o propio ser ante un momento de confusión e cambio da mentalidade global. No contexto posterior á primeira Guerra Mundial A Coruña, pasa a ser un dos núcleos políticos, artísticos e sociais que máis brillan, nela Carmen, peixeira no porto da cidade, coase nun teatro de variedades e alí comeza unha relación insospeitada co mundo artístico que lle cambia as perspectivas.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Comedia, A Coruña, Mulleres...