O Concello da Coruña e o Consello da Cultura Galega celebran o centenario da Escola Galega de Declamación, a primeira compañía de teatro en galego

Cen anos de compañía

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O 18 de xaneiro de 1903 púñase en escena na Coruña “¡Filla...!”, un espectáculo en galego sobre un texto de Galo Salinas. Ese mesmo ano, os promotores do espectáculo constituían a Escola Rexional Galega de Declamación, primeira compañía teatral que fixo espectáculos en galego e unha iniciativa pioneira en formación teatral no noso país. Para conmemorar este feito, o Consello da Cultura e o Concello da Coruña organizan entre o 14 e o 15 deste mes unha xornadas sobre esta compañía na Cidade Herculina.

Máis información en consellodacultura.org e na web do Concello da Coruña

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello da Coruña, Espectáculo, Teatro, Consello da Cultura Galega...