Escenas do cambio explora este ano o movemento e a transformación

Celébrase na Cidade da Cultura entre o 31 de xaneiro e o 8 de febreiro

15/1/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: espectáculos
22 lecturas | Compartido 0 veces

Dorothée Munyaneza.

A nova edición do festival "Escenas do cambio" iniciarase na Cidade da Cultura o vindeiro 31 de xaneiro. Serán dez espectáculos que se sucederán ata o 8 de febreiro e nos que se combinan compañías e profesionais do país con membros da escena internacional. "A idea de camiño, peregrinación e percorrido está presente nas tres pezas galegas", explica Pablo Fidalgo, director artístico do Festival, "e todos os artistas internacionais que presentamos teñen presente a idea de movemento e transformación". Para demostralo, pola banda galega, Los Bravú presentarán Caderno de vacacións, Pálido Domingo fará o mesmo con Pentecostés e Quico Cadaval, 'Guti' e Celso Fernández Sanmartín a contada Tres vellas (polo menos). Da banda internacional participarán artistas como Dorothée Munyaneza, con Samedi Détente ou Ula Sickle, que presentará Relay, un espectáculo de catro horas de duración.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios