O VI Escenas do Cambio achegará seis estreas a Galicia

O programa escénico da Cidade da Cultura incorpórase á programación do Xacobeo 2021

| Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:
O VI Escenas do Cambio achegará seis estreas a Galicia

Este 30 de novembro saen á venda as entradas para a sexta edición de Escenas do Cambio. O festival de inverno de teatro, danza e arte en acción da Cidade da Cultura desenvolverase entre o 31 de xaneiro e o 8 de febreiro de 2020 a achegar dez pezas, entre elas seis estreas. A nova xeira, que se incorpora á programación do Xacobeo 21, achegará montaxes comprometidas como Relay de Ula Sickle, a abordar a defensa dos dereitos das mulleres en Polonia, Samedi Détente sobre o xenocidio de Ruanda desde a visión de Dorothée Munyaneza ou o caso dun asasino real en Jerk, de Gisèle Vienne. A estas súmanse propostas como o Please, continue (Hamlet) de Roger Bernat, os contos de Tres vellas (polo menos) con Quico Cadaval, Guti e Celso Fernández Sanmartín ou a performance Caderno de vacacións de Los Bravú.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escenas do Cambio, Xacobeo, Quico Cadaval, Danza...