A partir do 1 de decembro saen á venda as entradas para a vindeira edición do Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción Escenas do Cambio. A cuarta xeira do evento desenvolverase en Compostela entre os vindeiros 1 e 10 de febreiro de 2018 con 13 espectáculos de compañÃas procedentes de cinco paÃses (España, Portugal, Marrocos, Siria, Francia e Italia). O programa contará cunha maior presenza da da danza e da arte en movemento, con traballos como o de Tiago Rodrigues, que abrirá o encontro, e os de Israel Galván, Mohamed El Khatib, Miguel Pereira, Estela Lloves, Xavier Le Roy e Mithkal Alzghair. Canda a eles, poderán verse neste evento as propostas escénicas de Edurne Rubio e Daria Deflorian & Antonio Tagliarini, haberá música a cargo de Mursego e Maria Arnal con Marcel Bagés e unha performance feita ex profeso para o evento por Félix RodrÃguez.
A nave da empresa Trameve de despeces e repostos automobilÃsticos no compostelán PolÃgono do Tambre acollÃa esta mañá a presentación do evento coa presenza do xerente da firma, Luis Penido, que estivo acompañado polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, a directora-xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Rebordo; o director artÃstico do festival, Pablo Fidalgo; a concelleira de Acción Cultural do Concello de Santiago de Compostela, Branca Novoneyra; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil: a directora de Acción Cultural da Cidade da Cultura, MarÃa Pereira e mais membros do equipo artÃstico de Voadora. A elección do lugar responde precisamente a que esta compañÃa presentará no certame a estrea en España da súa produción Garage que aborda o papel da muller na industria do motor. Canda a este grupo, o teatro galego estará representado por Estela Lloves, Félix Fernández e IlMaquinario.
A seguir a liña aberta o pasado ano, Escenas do Cambio aposta por se estender alén da Cidade da Cultura, de xeito que o programa inclúe actividades no Teatro Principal, o Salón Teatro, o CGAC e mais o Centro Sociocultural de Santa Marta.