18 compañías teatrais reúnense en "Escenas do cambio"

Celebrarase na Cidade da Cultura do 28 de xaneiro ao 13 de febreiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A segunda edición de ‘Escenas do Cambio. Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción’ celebrarase na Cidade da Cultura do 28 de xaneiro ao 13 de febreiro e traerá 18 compañías de 10 países, cunha presenza destacada de novos creadores galegos e unha ollada a África e América Latina. María Pereira, directora de Acción Cultural da Cidade da Cultura, anunciou que ‘Escenas do Cambio’ busca converterse nunha plataforma para dar a coñecer as artes escénicas galegas e establecer redes de colaboración con outros festivais de Europa. Así, avanzou que este ano achegaranse a Santiago programadores de oito países e fixo fincapé nas colaboracións co Festival Alkantara de Lisboa, o espazo de creación Azala ou o Festival BAD de Bilbao.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escenas do Cambio, Artes Escénicas, Danza, Teatro...