Un total de once de pezas de cinco paÃses diferentes, das cales dez son estreas en Galicia, compoñen o programa de Escenas do cambio. O festival de teatro, danza e arte en acción celebra entre o 20 e o 23 de maio a súa sétima edición, trasladada desde o pasado febreiro por mor da pandemia, na Cidade da Cultura. Lola Correa, que se estrea na dirección do evento, destaca "o espazo, un espazo cambiante que se emprega para o encontro mesurado pola pandemia" como eixe da iniciativa, da que destaca a aposta por iniciativas multidisciplinares, a innovación e mais a integración co contorno da Cidade da Cultura como principais caracterÃsticas.
No marco do programa o dÃa 23 a proposta colectiva Escenas en Danza integra nos espazos do Gaiás pezas das coreográfas Begoña Cuquejo, Clara Ferrão, Kirenia MartÃnez, Paula Quintas, MarÃa Roja e Nuria Sotelo. Segundo explica a paresentación do evento, os proxectos "desde o concepto do feminino os seus traballos destilan feminismo como materia conceptual e a súa estratexia non é outra que a procura constante do que a danza lles suxire para levala ao lugar que lle corresponde nas artes escénicas".
Esta montaxe, canda a Conversaciones 10. Sobre la distancia, de Ana Matey son as dúas estreas absolutas do proxecto. Canda a elas, o festival achega tres estreas estatais, Sincro de Voadora, e as propostas coreográficas Intensional Particle de Hiroaki Uneda, ou Romeo e Julieta a partir de Prokofiev, de Miguel Moreira e Útero Teatro. Diego Anido con O rei do
pop, Matarile Teatro con El diablo en la playa, El cómo quieres, de Toujours après minuit, Suicide notes, de Marc Caellas & David Torres, Antes, de Teatro Praga e mais Psychodrama de Sleepwalk Collective.
Fóra do recinto do Gaiás, a proposta El paseo de Robert Walser, de Marc Caellas convida ás persoas participantes a percorrer as rúas de Compostela a seguir o escritor suÃzo Robert Walser, interpretado por Esteban Feune de Colombi, a desenvolver "encontros, improvisados ou non, aparicións, figuras pasaxeiras que fan observar doutra maneira a paisaxe cotiá".
Ademais das funcións, Julio Fernández Peláez impartirá o obradoiro "Como escribir poemas en mistos para recitar, compartir ou deixar que o vento os leve", no que integra, segundo o programa "taller, conferencia, relato de vida e unha fugaz exposición".