O Festival SonRías Baixas celebrará a súa 18ª edición os 30, 31 de xullo e 1 de agosto en Bueu pero previamente a iso e por vez primeira o evento espállase esta primavera por toda a xeografía galega, celebrando festas de presentación ao longo do mes de marzo en A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Ourense, Lugo, Bueu e Mos, ademais de en Ponferrada e en Porto. A organización do evento, capitaneada pola produtora Play Plan, quere converter estes "petiscos de música e filosofía SonRías" nun punto de encontro entre artistas e público, ao tempo que achegan a súa proposta musical e festiva a novos públicos dentro e fóra das fronteiras galegas, neste caso en Portugal e León. A idea de levar a marca dun festival máis alá da súa localización e datas xa a viña facendo en Galicia o festival Atlantic cos Atlantic Days e sae dun mellor aproveitamento das estruturas e loxísticas profesionais que o éxito destas propostas van facendo medrar no tecido das industrias culturais. A primeira destas festas coa que SonRías promociona a súa marca terá lugar o vindeiro 5 de marzo na cidade lusa de Porto coa actuación de García Mc & Nación Quilombo + SonDaDúa na sala Maus Hábitos. Sete concertos despois será a festa final na Sala Capitol de Santiago o sábado 21 de marzo con Muyayo Rif e Poetarras coincidindo co concerto en Ponferrada de Dakidarría en acústico + SonDaRúa. Podes atopar toda esta información no popular portal de xogos gratuítos.
O Festival SonRías Baixas celebrará a súa 18ª edición os 30, 31 de xullo e 1 de agosto de 2020 en Bueu, cun cartel ao que aínda lle faltan moitos nomes pero no que xa destacan o mestre rapeiro Kase.O, o punk-rock dos Desakato, os ritmos do mundo de García Mc & Nación Quilombo e a música balcánica de Balkan Paradise Orchestra. As festas, que tomarán na primavera as salas de concertos das principais cidades galegas, achegarán a outras cidades e vilas algunhas das propostas artísticas que xa son himnos do festival, como aos Dakidarría -que son unha das bandas que máis veces pisou os escenarios do SonRías- presentando a súa proposta en acústico e Muyayo Rif, que foi a gran sorpresa da pasada edición; ou unha a proposta de world music de García Mc & Nación Quilombo, que estará en agosto no festival e Ninhodelosrecaos Dj, un dos líderes de La Pegatina que cada ano ofrece en Bueu a súa versión máis desenfadada e bailable coas súas sesións. Tamén pasarán polas festas do SonRías Baixas SonDaRúa, claro exemplo dunha formación nacida nas redes sociais que desenvolveu un directo de gran calidade e contundencia e que presentarán un avance do seu novo traballo, que verá a luz en abril, e os Poetarras, o colectivo músico humorístico que reaparecerán ao calor do festival de Bueu, pero esta volta en Compostela.
Xoves 5/3/2020 - García Mc & Nación Quilombo + SonDaDúa - Maus Hábitos (Porto)
Xoves 12/3/2020 - SonDaRúa + Ninhodelosrecaos Dj - Sala Máster (Vigo)
Viernes 13/3/2020 - García Mc & Dj Mil+ Ninhodelosrecaos Dj - Café Cultural Auriense (Ourense)
Sábado 14/03/2020 - SonDaRúa + García Mc & Nación Quilombo + ninhodelosrecaos Dj - Sala Aturuxo (Bueu)
Mércores 18/3/2020 - Muyayo Rif + Dakidarría en acústico - Club Clavicémbalo (Lugo)
Xoves 19/3/2020 - Muyayo Rif + Dakidarría en acústico Garufa Club (A Coruña)
Viernes 20/3/2020 - Muyayo Rif + Dakidarría en acústico - Sala Rebullón (Mos)
Sábado 21/03/2020 - Muyayo Rif + Poetarras - Sala Capitol (Santiago de Compostela)
Sábado 21/03/2020 - Dakidarría en acústico + SonDaRúa - Sala La Vaca (Ponferrada)