Co cartel xa pechado chegará á primavera o festival de verán SonRÃas Baixas. A cita que se celebrará en Bueu entre o 3 e o 5 de agosto deu a coñecer esta semana os últimos nomes que completan a súa oferta musical. O Festival SonRÃas Baixas celebra a súa 15ª edición por todo o alto, con 15 bandas galegas, españolas e internacionais. O evento ofrece a delirante combinación de ska, punk, reggae, dub e folclore dos bosnios Dubioza Kolectiv; o dub do rei da remestura Mad Professor; a descarga enerxética dos valencianos Zoo; o ska combativo dos DakidarrÃa; o blues experimental dos Guerrera e o tributo aos Extremoduro dos cacereños Pedrá. Todos estes súmanse aos xa anunciados Todos Tus Muertos, Estopa, Amparanoia, SES, Narco, ao proxecto persoal do cantante de El Puchero del Hortelano, ARCO, nun cartel amplo e diverso que completarán as bandas gañadoras do concurso Sonidos Mans e máis o Dj SonRÃas. Rock, punk, rumba, rap, reggae, ska, dub, blues, e música de raÃz conforman asà un menú musical en todo caso cheo de enerxÃa, que vai do máis popular ao máis alternativo e co que o SonRÃas Baixas celebrará a súa 15ª edición tras o éxito acadado o pasado ano no que conseguÃu un novo record de asistencia reunÃndo a 16.500 persoas, que supuxeron para Bueu unha inxección económica de 1.200.000 euros. As entradas para esta edición do Festival están á venda na web e máis nos puntos de venda fÃsicos por 35,5 € máis gastos.