O SonRías Baixas ofrecerá música, gastronomía e audiovisual

O festival quenta motores para abrir en Bueu a súa edición máis amibiciosa

O festival quenta motores para abrir en Bueu a súa edición máis amibiciosa
Presentación oficial hoxe en Bueu con representantes do festival e das entidades públicas e privadas e apoian e colaboran esta edición. Foto: Alba Sotelo
O Festival SonRías Baixas quenta motores para a celebración da súa 15ª edición por todo o grande, con 15 bandas galegas, españolas e internacionais que encherán Bueu de festivaleiros con ganas de festa a primeira fin de semana de agosto ao ritmo do mellor rock, punk, rumba, rap, reggae, ska, dub, blues e música de raíz. Ademais se engade unha opción gastronómica a pé de praia na que serán algunha das bandas as que fagan eles mesmos o menú. En compañía de representantes do Concello; a Deputación; a Axencia galega de Industrias Culturais; e das empresas Rei Zentolo e Superbock, o director artístico do festival, Jordi Lauren, presentou hoxe os horarios do festival e o sistema de pago cashless con pulseira, que se utilizará no evento en troques do pago en efectivo. Promotores e axentes da industria musical acudirán a Bueu -convidados polo festival e por Ticketea- para ter a súa primeira experiencia con esta innovadora tecnoloxía. O evento arrincará o vindeiro xoves, día 3 de agosto, ás 22h, no Recinto da Estacada da actuación de Pedrá. Tributo a Extremoduro e unha sesión do Dj SonRías que recordará os grandes clásicos da historia do festival. O venres 4 abrirá o Escenario Super Bock a forza combativa de Sés, ás 20h. Despois, ás 21h30, chegará a alegría mestiza de Amparanoia; ás 23h30, o punk-reggae dos arxentinos Todos Tus Muertos; á 1h o rock combativo dos sevillanos Narco; e pechará a festa por todo o alto o ska combativo dos Dakidarría a iso das 2h30 da madrugada. Nese mesmo escenario, o sábado 5 a actividade arrincará ás 20h15 co rock con acento flamenco do proxecto persoal do cantante de El Puchero del Hortelano, Arco; tralo que chegará un dos platos fortes do festival, contra as 21h45, a rumba festiva dos Estopa; e, de seguido, ás 23h45, a delirante combinación de ska, punk, reggae, dub e folclore dos bosnios Dubioza Kolectiv; pecharán esta edición do SonRías a descarga enerxética dos valencianos Zoo, á 1h45 e unha nova sesión do Dj SonRías, a partir das 3h30.

Ademais desa oferta de concertos de escenario dentro do recinto o sábado 5 de agosto volve a Bueu a Casa RonRías, a singular casa de comidas musical coa que o Festival SonRías Baixas conquistou ao público nas últimas edicións, que nesta ocasión se traslada á praia da Banda do Río, onde quen queira achegarse ata Bueu poderá vivir unha experiencia inolvidable: presenciar como o grupo musical Poetarras preparan Rodaballo guisado e Anguriñas ao allo con gambón, man a man cos cociñeiros de El Rincón de Cela e Ipeansa catering. Na ambientación musical, abrirán a programación deste segundo escenario, o Pescanova, a combinación de Swing, Funk, Soul, Rhythm&Blues e Rock de The Soul Breakers ao mediodía, tralo que chegarán a particular mestura de hip hop e sonoridades soul de Wöyza, o rock alternativo de Hexany e o blues experimental e a psicodelia rockera de Guerrera . A asistencia a estas actividades é gratuíta e os pratos serán despachados en formato tapa a prezos moi axustados. Ás 17h30, a actividade trasládase ao Centro Social do Mar de Bueu, proxección de curtas musicais, co FIC Bueu, onde se proxectarán seis curtametraxes de temática musical, froito dunha colaboración entre o SonRías Baixas e o FICBUEU. A entrada será libre taménEspaña, 2016) Mar e Xara atópanse nun monte remoto, todo está preparado para dar o salto á clandestinidade.

Ligazóns