A canción A galiña Turuleca do circo televisivo dos pallasos, Gaby, Fofó e Miliki dos anos 70, que deixou pegada en varias xeneracións desde aquela, pola transmisión popular moito tempo despois da desaparición do programa, volve agora con forma de personaxe de animación 3D. A produtora Filmax en coprodución con Tandem Films presentaron onte en sociedade esta pelÃcula que se estreará en cines o 1 de xaneiro e da que haberá versión en galego. O conselleiro de Cultura e Turismo, Román RodrÃguez, participou hoxe no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia na presentación da pelÃcula de animación 3D que retoma á personaxe da famosa canción infantil Ademais da estrea en Galicia e no resto de España o filme lanzarase na Arxentina en xullo do vindeiro ano. Turuleca é unha galiña singular cun peculiar aspecto que non lle permite poñer ovos, o que destaca ás burlas do resto do galiñeiro. Un dÃa, Isabel, unha exprofesora de música que a leva a vivir a súa granxa e descobre o seu talento oculto: Turuleca pode falar e cantar. Diversas situacións da historia levan á galiña a entrar nun circo como parte da súa aventura, polo que resulta o paradoxo que volve ao contexto circense no que se creou a súa personaxe. Para relatar esta historia, na pelÃcula combÃnanse divertidas cancións orixinais e versións de temas mundialmente coñecidos como La Macarena, La vie en rose ou Será que no me amas coas célebres cancións dos Pallasos Gaby, Fofó e Miliki. Por outra banda, cómpre destacar que despois da estrea, e grazas á implicación da Fundación Andrea, que se dedica á atención de nenos hospitalizados e dar soporte ás súas familias, a pelÃcula proxectarase nos hospitais das sete cidades galegas, onde os nenos ingresados poderán desfrutar das aventuras de Turuleca.