A trixésima quinta edición dos Premios Goya da cinematografÃa española estará sempre marcada polas caracterÃsticas especiales de celbrarse no contexto desta pandemia. Para o audiovisual galego non todas as producións que aspiraban a un galardón puideron acadalo e a colleita propia está sobre todo representada polo premio acadado pola pelÃcula de animación La gallina Turuleca na que están presentes na produción as empresas galegas Brown Films e Producións A Fonsagrada e que admais contou con axudas á produción por parte da Axencia Galega das Industrias Culturais . Ademais desta longametraxe, o actor de orixe coruñesa Mario Casas (A Coruña, 1986) acadou tamén un galardón nesta edición. O intérprete acadou o Goya a Mellor actor protagonista na que é a súa primeira vez como finalista do premio grazas ou seu papel de Dani na pelÃcula No matarás (David Victori). O actor viviu o momento rodeado da súa familia, na distancia obrigada pola pandemia, agradecendo o apopio do público na súa traxectoria.