En plena rodaxe, alá polo ano 2008, o produtor Xosé Cabanas Cao definiuna como unha pelÃcula “para nenos comprendidos entre 9 e 99 anos, pero pensada para os máis pequenos”. Dirixida por Carlos Amil e baseada na novela homónima de Xabier Docampo, conta a historia dun grupo de nenos que descubren un cadro que garda relación coa misteriosa desaparición de Duarte, un pintor e ex profesor de plástica co que adoitaban xogar. O filme que levaba dous anos na procura de distribuidora, chega ahora ás carteleiras grazas a pases privados destinados a docencia. Asà o publica hoxe El Progreso, que informa da estrea o vindeiro 3 de abril no Teatro RosalÃa de Castro da Coruña.