Ribadeo acollerá en xaneiro a estrea de Os mortos van ás présas

O filme sufríu pequenos axustes do guión orixinal pola reducción do orzamento

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Dous anos despois de iniciar a rodaxe dun guión que levaba escrito case unha década, Ángel de la Cruz acaba de anunciar que a súa primeira película de imaxe real, Os mortos van ás présas, xa ten data de estrea. Será o 17 de xaneiro en Ribadeo, preto onde se rodou o filme. Á falta de concretar os acordos coa distribuidora (Buena Vista Films), o director avanzou que “imos facer unha aposta forte cun número de copias que estarán entre 120 e 130”. Haberá versión galega dun filme que sufríu pequenas modificacións con respecto ao proxecto orixinal, despois dunha primeira rodaxe fallida. O director dá neste audio as claves da película que fai unha pequena homenaxe a Fernando Fernán Gómez, que finou no medio do proxecto.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Os mortos apurados

Chega ás carteleiras a primeira película de ficción de Ángel de la Cruz

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ribadeo, Guión

Claves

Conceptos
Lugares