O director Ángel de la Cruz anuncia que retomará a rodaxe de "Os mortos van ás présas"

O retorno dos mortos con présas

18/1/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Coa vindeira primavera, se todo vai ben, retomarase a rodaxe do filme "Os mortos van ás présas", dirixido por Ángel de la Cruz. Segundo adianta hoxe "El Progreso", o director ten xa comprometidos os apoios da Xunta de Galicia, a TVG e a distribución con Buena Vista. De calquera xeito, mantén a busca de financiamento que lle permita completar o millón de euros que, aproximadamente, vai custar o proxecto. No caso de non acadar os fondos para maio, a rodaxe atrasaríase ata setembro.

Máis información no blog do filme; a Rede Natura nos ficha da produción

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rede Natura, El Progreso, AVG, TVG...