Ángel de la Cruz recupera a rodaxe de “Os mortos van ás présas” un ano despois da paralización

O resucitar dos mortos

27/9/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Non foi casual que o equipo capitaneado por Ángel de la Cruz convocase unha rolda de prensa un 27 de setembro para falar de “Os mortos van ás présas”. Hai xusto un ano, o equipo coñecía en plena rodaxe que o produtor cancelaba o filme por problemas económicos. Hoxe, as novas eran ben diferentes. Ángel de la Cruz anunciaba o vindeiro inicio da rodaxe (25 de febreiro) con case o 100% do equipo artístico e o 80% técnico previsto hai un ano. A produción, que ten un orzamento de 2 millóns de euros (un menos do previsto incialmente), conta con pequenos reaxustes de guión para garantir a súa viabilidade. Televisión de Galicia, TVE, Perro Verde Films e Resonancia completan o financiamento dun filme do que Buena Vista distribuirán 150 copias.

Máis información na nosa hemeroteca sobre a paralización e na nosa ficha

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, Guión, TVE, AVG...