O equipo de “Os mortos van ás présas” non denunciará a Dygra, mentres buscan financiamento para seguir coa produción

Vías alternativas

4/10/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Os membros do equipo técnico e artístico de “Os mortos van ás présas” reuníronse onte con membros do Clúster, da Academia do Audiovisual e da Televisión de Galicia para analizar a situación da produción, despois da suspensión por parte da produtora Dygra. Segundo publica hoxe, “La Voz de Galicia” chegaron a tres acordos básicos: non denunciarán á produtora, nomearon un equipo de seis persoas para garantir que se resolvan os asuntos pendentes entre Dygra e cada un dos membros e, por último, continuarán actuando como colectivo. Despois de que o director Ángel de la Cruz pedise moderación nas críticas á produtora coa que fixo, entre outros, “O bosque animado”, agora o equipo está a buscar a continuidade da produción. Por outra banda, Dygra ofrecerá hoxe unha rolda de prensa para explicar os motivos que o levaron á suspensión da rodaxe.

Máis información sobre a suspensión da produción nos nosos arquivos e na ficha da produción

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dygra, Culturagalega, AVG, Televisión de Galicia...