Nace Boísimo, un medio dixital especializado en cultura gastronómica

Galicia Confidencial presenta a súa versión en castelán, GCDiario

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Nace Boísimo, un medio dixital especializado en cultura gastronómica

"Difundir a riqueza da investigación, do produto e da cociña de Galicia" é o obxectivo co que bota a andar Boísimo, un novo web dedicado á cultura gastronómica. Da man do equipo do espazo de divulgación científica GCiencia, Boísimo nace co apoio da Deputación da Coruña a través do seu programa de proxectos singulares de especial interese cultural. Neste novo medio terán o seu espazo nomes recoñecidos da cociña do país como Lucía Freitas, Bea Sotelo ou Iria Espinosa ademais de colaboradores como o escritor Domingo Villar. Un "Gastrocedario" sobre léxico culinario na nosa lingua, consellos sobre nutrición ou o seguimento da actualidade neste campo son algunhas das propostas desta nova iniciativa.

Pola súa banda, e da man do medio dixital Galicia Confidencial, comeza a súa andaina GC Diario. A nova cabeceira preséntase como a versión en castelán do seu web matriz, unha aposta que se reivindica como o "primeiro xornal xeralista en galego en sacar unha edición diaria en castelán".

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Domingo Villar, Deputación da Coruña

Claves

Protagonistas