A Deputación da Coruña bota a andar o ciclo de conversas Referentes

Mercedes Peón e Lucía Freitas abren este 4 de marzo a iniciativa cultural

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
A Deputación da Coruña bota a andar o ciclo de conversas Referentes

"Recuperar o pracer do diálogo entre figuras da nosa cultura con diferentes perfís e intereses", así define a Área de Cultura da Deputación da Coruña o proxecto Referentes, que bota a andar este 4 de marzo. A iniciativa consiste nunha serie de conversas entre persoas de referencia da cultura do país que se poderán ver en vídeo. A música Mercedes Peón e a cociñeira Lucía Freitas, conducidas pola xornalista Marga Pazos, estrean o primeiro destes encontros. A partir deste, cada mes publicarase un novo vídeo con nomes do ámbito cultural do país.

Segundo destacou o responsable da Área de Cultura Xurxo Couto, con esta proposta preténdese "afondar na diversidade do noso pobo a través dunha serie de conversas entre artistas, intelectuais e pensadoras de diversos ámbitos e disciplinas que nos amosarán a súa visión da nosa realidade cultural e social inspiradora e motivadora".

Segundo adianta a organización do encontro, "ás portas do 8M, Freitas e Peón denuncian no decurso da súa conversa sobre a vida e sobre as súas profesións a existencia dunha fenda entre a vida e a carreira profesional que dificulta o acceso das mulleres a postos de responsabilidade en igualdade de condicións".

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación da Coruña, Mercedes Peón, Xurxo Couto, Igualdade...

Claves

Conceptos