Mercedes Peón, Manuel Lourenzo e o Laboratorio de Formas completan os Premios Nacionais de Cultura

Os tres últimos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A Consellaría de Cultura acaba de facilitar os nomes dos gañadores das tres categorías que faltaban dos Premios Nacionais de Cultura. Mercedes Peón fíxose co de música, Manuel Lourenzo co de artes escénicas e o Laboratorio de Formas co de iniciativa cultural. Con estes sábense os nomes dos dez galardoados duns premios que se entregarán o sábado 14 de xuño no transcurso dunha gala.

Con estes tres recoñecementos, complétase a listaxe de galardóns dos Premios Nacionais da Cultura:

- Arquitectura e espazos públicos: Manuel Gallego Jorreto
- Artes escénicas: Manuel Lourenzo
- Artes visuais: Francisco Leiro
- Cine e audiovisual: Margarita Ledo
- Cultura tradicional e de base: Museo do Pobo Galego
- Iniciativa cultural: Laboratorio de Formas
- Literatura: Xosé Luís Méndez Ferrín
- Música: Mercedes Peón
-Patrimonio cultural: Remodelación urbana de Pontevedra
-Pensamento e cultura: Francisco Díaz-Fierros.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito