
Na páxina web que vén de publicarse podemos acceder a esta base de datos, estruturada en fichas, que nos permiten poñerlle nome ás persoas implicadas no coidado do noso patrimonio inmaterial, achegándonos á súa labor concreta, metodoloxÃa de traballo e motivacións. Unha recompilación na que aparecen figuras que, sendo máis ou menos coñecidas, levan a cabo unha labor indispensable para a preservación de tradicións coma o baile, a música, os entroidos, a artesanÃa, a literatura, os oficios e os costumes sociais en xeral. A base de datos de Saberes Próximos permite a consulta de tres maneiras distintas: mediante un visor interactivo, a través dun mapa xeolocalizado e mediante unha lista que garante un acceso doado a calquera persoa usuaria.. Ademais de ofrecer un formato máis interactivo, esta presentación busca achegar a web a diferentes niveis de lectura o máis accesible posible para todos os usuarios. Sara Fraga, historiadora e xestora cultural, foi a encargada de mediar e comisariar este proceso de mapeado. Unha sucesión de conversas e fÃos que revelaron como "hai tantas maneiras de mirar o patrimonio como xentes que o viven".