Política Lingüística crea un web polo Día da Lingua Materna

O espazo inclúe unha serie de propostas para que os pais aposten por transmitir o galego

19/2/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: lingua
19 lecturas | Compartido 0 veces

Co gallo da celebración este domingo do Día Internacional da Lingua Materna, a Seretaría Xeral de Política Lingüística acaba de publicar no seu web unha sección especial dedicada a esta data. Neste espazo atopamos unha explicación desta celebración e ligazóns a diferentes recursos sobre a nosa lingua. Ademais, achega o documento Transmisores da lingua e dos afectos, no que lle achega aos pais unha serie de consellos sobre como transmitir a lingua aos seus fillos.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Política Lingüística, Lingua galega