A crÃtica, investigadora e comisaria MarÃa Marco (Vigo, 1979), foi galardoada co II Premio CGAC de Investigación e Ensaio polo orixinal Tigres en magnolias. A maxia como transformación na arte contemporánea, un texto que explora o contacto entre ambas disciplinas. O xurado, presidido polo director do CGAC, Santiago Olmo, e integrado polos profesores Susana Cendán, Miguel Anxo RodrÃguez e Antón Castro, valorou especialmente a orixinalidade do enfoque e a calidade literaria dun ensaio produto dunha mirada multidisciplinar, que interrelaciona o culto e o popular, o persoal e o académico, o internacional e o local ao tempo que reivindica a figura dalgunhas artistas que, malia o seu talento e a importancia das súas achegas, non figuran nos manuais de historia da arte. MarÃa Marco é licenciada en Humanidades e doutora cum laude en Belas Artes. Colabora desde 2014 en El Cultural do xornal El Mundo, cubrindo a área de arte contemporánea en Galicia, ademais de escribir para diferentes plataformas editoriais como Tempos Novos, El Cultural e Dot Galicia. Como comisaria, recibiu en 2012 o premio de comisariado do Master de Arte, MuseoloxÃa e CrÃtica Contemporáneas da Universidade de Santiago por PolÃptico, un comentario sobre a posta en valor do patrimonio. O premio está dotado con 3.000 euros.