Carlos da Aira. Fotografía de Demián Ortiz
O xurado do VIII Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía acordou concederlle a Carlos Da Aira este galardón polo seu poemario A guerra era contra nós. "O admirable dominio do poema en prosa, a forza das imaxes e o tempero na dicción, que conforman un discurso harmónico e de forte equilibrio interno" foron méritos listados no fallo. O comité tamén salientou "a coherencia na ollada da voz poética, que reflexiona crítica e reveladoramente sobre a condición humana e a súa circunstancia". O gañador, que se impuxo a outros trinta e nove participantes, recibirá un premio en metálico de 2.500 euros e verá a súa obra publicada por Edicións Xerais.
Anton Lopo, Ismael Ramos, Mercedes Queixas, Luís Cochón e Armando Requeixo, con Carmen Carreiro na secretaría foron os responsables da selección no certame que convoca o Concello de Fornelos de Montes e a Asociación Cultural O Cruceiro da Laxe coa colaboración da Deputación de Pontevedra.
En Paralelo, o Concello de Mondoñedo deu a coñecer o fallo do XX premio Díaz Jácome de poesía para novos creadores. Lois Alcayde Dans foi o vencedor desta xeira coa súa obra Anoar e recibirá un premio en metálico de 1.500 euros. O segundo premio recaeu na obra Unha luz de eclipse de Aleixandre Lago Barcala mentres Isolda Comesaña Alcaraz quedou en terceiro posto coo traballo Son da estirpe de Luperca.