Unha escolma para o Culturgal 2019

Como todos os anos, peneiramos o amplo programa do Culturgal para ofrecerte unha selección de novidades

Como todos os anos, peneiramos o amplo programa do Culturgal para ofrecerte unha selección de novidades
Foto: culturgal
O culturagal deste Nadal chega repleto de actividades para todos os públicos, desde os ámbitos máis profesionais do sector cultural ata entretemento para os máis cativos. Facemos unha pequena escolma posible polos múltiple oferta do culturgal, a través de presentacións de novidades, estreas e encontros de interese. Desde mañá venres 29 ata o domingo 1 de decembro.

VENRES 29 DE NOVEMBRO



18.15
Espazo Libro.
"Mapa ecosocial de Galicia", un retrato social e ecolóxico de Galicia.
Catro Ventos Editora presenta esta interesante publicación da xornalista Rebeca Hermo e o biólogo Xosé Veiras, no que se dá conta de como en Galicia se materializan as crises ecolóxicas e sociais do noso tempo, e o que teñen en común. Conta con numerosas infografías que retratan o país a través de datos e imaxes. Podes ver un avance aquí.

20:00
Espazo Arte Contemporánea
Performance con Fran Remiseiro e o músico Germán Díaz.
Audiovisual e escultura.

20:30
Carpa
BEAT. Trasnosound.
Nastasia Zürche, un dos grandes talentos vocais de Galicia, chega na recta final da súa aplaudida xira #TheBEATtour na que fixo presentación do seu segundo disco BEAT. Trasnosound.

SÁBADO, 30 DE NOVEMBRO



11:30
Carpa
Fran Amil presenta POPSÍA.
Novo disco que verá a luz en 2020 cunha escolma de poetas galegos e galegas dende o medievo até os nosos días, en clave de música pop, swing e folk. Con Antón Torroncho, baixista, Miguel Paz, batería e coros, Carlos Fandiño, piano, e Fran Amil, guitarra acústica e voz.

12:00
Espazo Libro.
Herba de namorar de María do Cebreiro
María do Cebreiro é unha das poetas galegas máis recoñecidas nas últimas décadas e o seu último poemario, Herba de namorar, repasa vinte anos de creación lírica, incorporando tamén poemas inéditos. O xornalista e tamén poeta Daniel Salgado acompaña á poeta neste libro que é tamén unha viaxe no tempo da creación.

12:30
Espazo Libro.
A maternidade na novela actual, distintas perspectivas.
Dentro das numerosas propostas de ensaio, lectura e debates vinculados ao xénero, as escritoras Eli Ríos, Emma Pedreira e Rocío Leira discuten ao redor da idea da maternidade e a súa presenza na literatura actual.

13:00
Espazo Libro.
Nós Diario. Presentación do número 0.
Non todos os días, e cada vez menos, hai a oportunidade de asistir ao nacemento dun novo xornal en papel. Sermos Galiza escolleu o Culturgal para presentar o número cero do seu novo proxecto en papel, o diario Nós. Un proxecto no que leva traballando dous anos e para o que realizou unha importante aposta humana.

13:30
Carpa
Un momento para a narración oral
"Tabú", unha obra orixinal de Carmen Conde. Dezdedez en colaboración con Tarabela Creativa. Carmen Conde, coa música en directo de Nastasia Zürcher, narra historias de mulleres galegas reais de bisbarras rurais de entre 70 e 95 anos que falan das suas primeiras experiencias (sexuais, ir ás festas), eses tabús que por fin son desvelados en escena.

17:00
Varios espazos.
"Os sete parroquias de Divulgacción".
A importante escola –informal- galega de divulgación científica concéntrase no culturgal. Varios divulgadores percorrerán o recinto para botarlle un parrafeo científico con quen se interese.

18:30
Carpa
Tanxugueiras. Play Plan.
O segundo disco de Tanxugueiras preséntase en sociedade! Tanxugueras incrementa as revolucións do folk galego. Co seu disco de debut, un repertorio escollido para amosar a esencia da tradición, Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío chegaron a máis de 100 escenarios dentro e fóra das nosas fronteiras. Unha aposta sen corsés enchida de virtuosismo e contundencia que continúa en "Contrapunto".

19:00
Espazo Foro
Debate arredor do libro A morte en Galicia
Este conxunto de ensaios de destacados investigadores galegos cuestiona moitos tóipicos oficiais ao redor do devalo demográfico de Galicia e, sobre todo, os discursos políticos que o explican e o tentan remediar. Coordinado por Isidro Dubert, tamén estarán presentes Antía Pérez Caramés e Melchor Fernández. Da man de Xerais, o seu director, Fran Alonso.

19:00
Salón de actos
Eroski Paraíso
Culturgal acolle a preeestrea da longametraxe Eroski-Paraíso, dirixida por Jorge Coira e Xesús Ron e que é a versión cinematográfica da exitosa montaxe teatral de Chévere e que está a dar moito que falar.

19:30
Espazo Foro
AMANI de Miguelanxo Prado. Retranca Editora / O Garaxe Hermético.
A Feira acolle a presentación do álbum ilustrado do prestixioso autor de banda deseñada coa súa participación acompañado de Kiko da Silva, editor.

20:30
Carpa
Dios Ke Te Crew. Cunde
O grupo de rap máis famoso de Galicia cun showcase do seu último disco: "O ciclo da serpe".

19:45
Espazo Libro
Premios Xerais 2019
A editorial Xerais presenta de maneira conxunta os gañadores da nova edición dos premios Xerais. Ana G. Liste entrevista a Amador Castro, premio Xerais coa novela Shangai a Barcelona, Rosa Aneiros con Xelís, o guieiro das botellas de mar (Premio Merlín de Literatura Infantil 2019) e Emma Pedreira, con Os corpos invisibles (Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2019).

20.30
Espazo Arte Contemporánea
Memorias engarzadas
Lucía Romaní e Mario López presentan un "percorrido pola memoria e os recorsos a través de diferentes materiais e obxectos atopados en portos e praias das vilas galegas". Un cruzamento entre a arte e a xoiería contemporánea do país.

21:30
Auditorio Pazo da Cultura
Marful con Sabela (OT) ao vivo. Espectáculo especial Culturgal 2019
Marful reúnese seis anos despois dos seus últimos concertos. A banda ( Marcos Teira, guitarra, Pedro Pascual, acordeón, Pablo Pascual, clarinete, e Ugia Pedreira, voz) chega á Feira, coa colaboración Sabela Ramil, a cantante finalista da edición 2018 de Operación Triunfo, nu directo que xa ule a auténtico pracer. Marful tamén conta cos músicos colaboradores do seu último disco "Manual de Seducion": José Manuel Díaz, contrabaixo, e Leandro Deltell, batería. Entradas desde 8 euros en ataquilla.com.

DOMINGO, 1 DE DECEMBRO



11:30
Carpa
Quero Cantar. Deputación da Coruña.
Concerto coas dúas bandas gañadoras do IV Certame Quero Cantar (infantil e xuvenil).Unha festa para presentar as cancións coas que gañaron o certame.

12:00
Auditorio Pazo da Cultura
Espectáculo familiar "Lambetadas". Talía Teatro.
Un espectáculo para público familiar e infantil, recomendado para nenas e nenos de 6 a 11 anos de idade, que ten como obxectivo fundamental a concienciación e posta en valor da lingua propia como elemento fundamental da identidade individual e colectiva na sociedade galega actual. O traballo de creación baséase nos textos encargados ex profeso a varios autores (Santiago Cortegoso, Sechu Sende e María Canosa), que son levados a escena baseándose no universo do clown e nas técnicas do teatro de obxectos.

12:30
Carpa
Lula vai
Un concerto desta formación de harpa celta e voces, na que se mesturan melodías tradicionais galegas, músicas do mundo e arranxos e composicións.

17:30
Carpa
"O Veleiro Verde" de Maria Fumaça. Galaxia.
O novo disco da familia María Fumaça, coon Uxía Senlle, fai a súa presentación e estrea absoluta na feira.

18:00
Salón de actos
O que arde (2019).
Pase da película do ano coa presenza, ademais, do seu director. A película O que arde, Premio do Xurado da sección Un certain regard do pasado Festival de Cannes, está ambientada nunha aldea da montaña de Lugo e os seus dous papeis protagonistas son interpretados por Amador Arias e Benedicta Sánchez. Produción: Miramemira, 4A4 Productions, Kowalski Films, Tarantula. Duración: 85 minutos. Presentan: Oliver Laxe, director, e Valentín García, responsable de Política Lingúística.

18:00
Espazo Arte Contemporánea
Encarnados. Dispara / Tono Arias.
Presentación do proxecto de fotolibros e postais ao redor do Entroido galego.

18:30
Carpa
Silvia Penide: «El Efecto boomerang». 10d10.
O sétimo disco de estudio da artista continúa o seu tour 2019. Con Silvia Penide (voz e guitarra) Bruno Couceiro (batería) Paul Álvarez (guitarra) e Carla López (piano/teclado).

19:00
Espazo libro
Susana Pedreira conversa con Pedro Feijoo, autor de Un lume azul
O escritor Pedro Feijóo volve ás librarías cun novo thriller, Un lume azul. Desta volta, o argumento só se desvela para quen comece a ler a novela. Saberemos máis da historia nesta entrevista?

19:30 CARPA
A banda da Loba presenta "Fábrica de luz". Seispés Producións Creativas.
Despois do éxito obtido co seu primeiro traballo, «Bailando as rúas», Xiana Lastra (voz), Marcela Porto (percusión), Inés Mirás (guitarras), Andrea Porto (baixo) e Estela Rodríguez (violín), continúan a xirar o caleidoscopio na busca de sons e ritmos que non exploraran ata o momento.