Sergio Lago será o novo director de Culturgal

É un dos fundadores de Toupa.net e mais de Falcatruada

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:
Sergio Lago, novo director de Culturgal

Sergio Lago, novo director de Culturgal

O proceso de selección dun novo director para Culturgal, a Feira Galega das Industrias Culturais, rematou outorgándolle o posto a Sergio Lago. Lago é un dos fundadores do portal Toupa.net e mais da empresa Falcatruada, así como presidente de AGAPHONO entre outros cartos. Segundo destacou a asociación Culturgal, o novo director demostrou na súa solicitude un amplo coñecemento do sector cultural tanto desde a perspectiva empresarial como desde o asociacionismo. A vindeira edición da feira celebrarase os vindeiros 2,3 e 4 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturgal, Feira, Pazo da Cultura de Pontevedra

Claves

Conceptos
Lugares