Sergio Lago non seguirá á fronte do Culturgal que reducirá o seu tamaño

A asociación agarda coñecer o orzamento definitivo para definir o modelo

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:
Vista do Culturgal na edición pasada

Vista do Culturgal na edición pasada

“Seguirá nas mesmas datas, no mesmo lugar e coa mesma vocación” asegura o presidente da asociación Culturgal en declaracións a La Voz de Galicia. Pero o certo é que haberá cambios. O primeiro de todo que Sergio Lago e o equipo de Nó Común deixarán de estar á fronte da Feira das Industrias Culturais de Galicia, Culturgal tal e como anunciaron no seu web. O segundo, que a asociación agarda un recorte e que, no momento no que se confirme a partida orzamentaria que lle facilite a administración (en 2012 foi de 170.000 euros) definirán o formato de feira que se organizará para esta edición

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturgal, Feira, Feira das Industrias Culturais, La Voz de Galicia