Xulio Amigo sucede a Manuel Bragado como presidente da Asociación Culturgal

O novo presidente enfronta a elaboración dun modelo estratéxico para a feira

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Xulio Amigo

Xulio Amigo

A dirección da asociación Culturgal acaba de facer público o nomeamento de Xulio Amigo, director comercial da Editorial Galaxia, como presidente desta entidade. Coa decisión, que se tomou hai un mes, Amigo substitúe no posto a Manuel Bragado. Segundo informa a asociación, o novo presidente está a traballar coas organizacións sectoriais que fan parte da Asociación na elaboración dun modelo estratéxico de Feira a catro anos cos obxectivos de conseguir estabilidade orzamentaria, a dixitalización dos procedementos de relación co público, provedores e expositores, a apertura da Feira a novos perfís de consumidor cultural e a favorecer o diálogo con artistas, creadores e axentes de culturas da contorna. Amigo ocupara xa o cargo no momento de constitución da Asociación Culturgal e foi substituído por Bragado, a quen agora colle o relevo.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturgal, Feira, Manuel Bragado, Editorial Galaxia

Claves

Protagonistas
Conceptos