Culturgal reorganiza o seu espazo e ofertará unha tenda común

O foro que se celebrará na feira centrarase na "Oportunidade dixital" e en "Estratexias desde a periferia"

8/9/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A vindeira edición da Feira das Industrias Culturais, Culturgal, achega novidades na súa organización. Para comezar, os espazos distribuiranse entre o salón, onde se farán as presentacións, o cuarto dos Nenos, para actividades infantís, o patio, que acollerá as actividades de música e danza, así como proxeccións e mais o garaxe, centrado nas novas tecnoloxías da información e mais no audiovisual. Ao tempo, a feira oferta por vez primeira o servizo dunha tenda común na que todos os expositores poderán reunir os seus produtos, para alén de que poderán seguir vendendo nos seus propios postos. Ademais, celebrarase unha programación especial de Xantares no Culturgal. Ata o vindeiro 15 de outubro está aberta a contratación de espazos, con descontos para quen a faga antes do 25 de setembro.

Ao tempo, a organización do evento explicou que o xa anunciado Foro Culturgal, no que os profesionais da cultura do país debaterán estratexias de cara ao futuro, centrarase nos eixes da "Oportunidade dixital" e "Estratexias desde a periferia". A inscrición para esta actividade está aberta ata o vindeiro 25 de setembro.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturgal, Feira, Danza, Feira das Industrias Culturais